Bo día a tod@s!!
Como foi cos debuxos do día da familia? xa sabedes que me encanta ver as vosas preciosas obras 😉, vexo que hai nen@s que están traballando arreo e disfrutando moito coas actividades propostas.
Hoxe comezaremos repasando os números xogando.
Podedes acceder picando no seguinte enlace:
xogo números
Despois repasaremos o número 4, imos facelo realizando un "colage". Para iso teremos que pegar todo tipo de papeis (de cores, xornais, revistas,...) no interior dos números.
Escoitamos o conto "Un becho estraño"
Logo propóñovos que realicedes a manualidade do ratiño, é moi sinxela, só necesitades un papel e un anaco de corda, e un pouco de axuda de papá e mamá, claro! 😄
Moitos bicos ata mañá
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario