Ola familias!!! Que tal estades? Esperamos que moi ben e disfrutando desde tempo tan bo que temos. Hoxe imos a traballar sobre un conto contiño que seguro que vos vai a gustar moito. Estades preparados/as? Lembrade que para velo tedes que ter os ollos coma pratos, as orellas ben despegadas e a boquiña ben pechadiña.
Agora vos toca a vos encher ese vacio. Nesta primeira plantilla debedes de debuxar, pegar recortes, imaxes... calquera cousa que represente o voso mundo máxico.
Aquí sedes un exemplo:
Ao redor do debuxo debes de escribir o nome do voso mundo máxico e nome desde obxectos, para facelo podedes pedir axuda a un maior o intentalo facer soíños/as.
Neste conto tamén imos a traballar un pouco as matemáticas, neste ficha tedes que continuar a árbore que lle naceu a Julia, pero seguindo os seguintes pasos:
Un talo que chegue ao ceo
10 con forma de triángulo
6 flores redondas
Ademais, nas follas debedes de escribir os número do 1 ao 10.
Por último, imos a facer unha manualidade tedes que debuxar as persoas que máis queres que facerlles un burato como o de Julia e unir todos os debuxos cun fío. Aquí vos deixamos un exemplo:
Esperamos que o pasarades moi ben, un bico e ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario