miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS 4º INFANTIL

Bos días a tod@s!!
Xa estamos a mércores, pero,... que día é hoxe no calendario? rodeade o número e lembrade o mes e a estación na que nos atopamos. 😉

Hoxe traballaremos o corpo, así que imos lembrar o esquema corporal e as súas partes.


Con axuda de papá ou mamá recortamos as diferentes partes do corpo e pegámolas onde corresponda ata obter a figura do neno.


Agora contamos cantas destas partes temos no noso corpo e escribimos o número.


Despois de coñecer o corpo e as súas partes, facede un debuxo do voso propio corpo e enviádemo ao meu correo electrónico.
(Espero as vosas preciosas obras) 😍

Hoxe rematamos, non podía ser de outra maneira, movendo o corpo con esta canción- baile. 
Tod@s a bailarr!!


Moitos bicos ata mañá
😘😘😘

No hay comentarios:

Publicar un comentario