miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL


Ola e moi bo día para todos e todas.

Recordades os policubos que temos na aula para traballar os números? Seguro que si.

Pois hoxe imos traballar a descomposición dos números;  pero como imaxino que na casa non tendes policubos para poder facelo como se representa nas fichas, podedes usar obxectos que teñades  a man,como pezas de construcción,galletas, tapas, lápices...

É importante que antes de facer as fichas, realicedes as descomposicións, de xeito manipulativo,  cos obxectos elexidos para  entendelo con facilidade e poder plasmalo, posteriormente, no papel.

Imos empezar cos 5 primeiros números e deixamos para mañá os catro seguintes, Así que... imos alá.








E agora propóñovos un divertido xogo con AVIÓNS DE PAPEL
Nunha folla dobre de xornal realizades un gran buraco e colgádela do marco da porta como se pode ver na foto adxunta. Logo elaborades uns cuantos avións de papel e facédelos voar tentando que pasen polo buraco. Na fotografía podedes ver que o papel ten varios buracos pero creo que, a vós, cun grande seravos dabondo.


Con este xogo, os nenos e nenas non so se divirten, tamén traballan a coordinación oculo-manual, a atención, as matemáticas se xogades a competir e a motricidade fina se recortan o círculo e fan as dobreces dos avións.

PASÁDEO EN GRANDE!!!
🤗🤗🤗🤗🤗🤗🤗

No hay comentarios:

Publicar un comentario