BOS DÍAS FAMILIAS!!! Esperamos que esteades moi ben, aínda que o tempo anda un pouco revolto.
Para comezar o día vos deixamos a nova plantilla da asamblea do mes de maio, se queredes tamén podedes seguir utilizando a do mes de abril. DESCARGA AQUÍ
Nas tarefas de hoxe imos a repasar os números coa axuda duns xogos moi divertidos:
- Cantos contas?: nesta actividade debedes de relacionar as froitas co número correspondente. https://learningapps.org/display?v=p8z9cdgv320
- Puzle Matemático: debes de contar cantos xeados hai en cada peza e relacionalo co número correspondente. https://learningapps.org/display?v=p5sz036h520

- Do 1 ao 10: debedes de ordenar os números dende o 1 ata o 10. https://learningapps.org/display?v=p0n7h2kfn20
- Despegue: agora debes de facer a conta atrás para que poida despegar o cohete. https://learningapps.org/display?v=py5kdwz6c20
Por último, vos propoñemos facer estas dúas manualidades para que vos axuden a contar e facer os números, podedes facer do 1 ata o 10, do 10 ao 20 ou só cos números que máis os custen, debedes de adaptala as vosas necesidades. Esperamos as fotos para ver que ben vos quedan!
No hay comentarios:
Publicar un comentario