martes, 5 de mayo de 2020

TAREFAS 6º INFANTIL

Bos días familias! Cómo vos levantástedes hoxe despóis da ventorrada de onte? Espero que estedes levando o mellor posible este confinamento.

Para comezar faremos unha pequena asamblea na que veremos o día, o mes, o ano, a estación na que nos atopamos, o tempo que fai hoxe, o que imos xantar e ademáis vos debuxaredes.

Continuaremos repasando as letras. Acordádesvos da Señorita Z que estaba moi anoxada co Príncipe E e a Princesa I debido os seus comportamentos polo que decidiu non acompañalos nunca?
Gustaríavos saber o que ocorrerá co Príncipe E e a Princesa I?


 Repasa á Enfermeira C e coloréala como ti queiras:


Repasa as sílabas, dilas en voz alta mentras das unha palmada con cada unha e completa as palabras correspondentes dos debuxos.
Logo, oralmente, lee as palabras contando as súas sílabas coa axuda das palmadas e escribe o total (de sílabas) o seu carón.







Para rematar continuaremos construíndo o noso dicionario:
- Censo
- Ciprés



Un saúdo.😉


No hay comentarios:

Publicar un comentario