Bos días familias! Que tal pasastedes o día da familia e o Día das Letras Galegas? Espero que ben.
Agora toca volver outro día máis as rutinas comezando cunha asamblea curta: rodearemos no calendario o día e diremos o mes, a semana, o ano e a estación na que nos atopamos.
Despois, escoitaremos a canción do conto da bibliotecaria G para recordar o que xa aprendemos.
- Seguiremos coñecendo máis a fondo a Bibliotecaria G. Que lle acontecerá hoxe? Estade moi atentos.
- A continuación traballaredes un pouco completando as seguintes tarefas:
- repasaremos as sílabas e completaremos as palabras.
Leeredes as seguintes oracións, colorearedes o seu círculo da cor correspondente e copiaredes a oración debaixo.
- Para finalizar, despedímonos cunha canción:
Un saúdo.😉😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario