Seguimos traballando un día máis.
Aquí vos deixo o calendario de hoxe actualizado :)
Xa non vos poño os enlaces das cancións da rutina, podedes consultalas no anterior POST.
Xunto con esta actividade do calendario, en cada sesión programamos as seguintes tarefas a realizar utilizando pictogramas, para anticipar e dar seguridade os nosos nen@s.
Para a sesión de hoxe propóñovos traballar o TRASVASE, ¡¡encántalles!!
É unha actividade que realizamos moito na nosa aula, xa que é moi importante para:
- Desenrolo da destreza óculo-manual
- Coordinación muscular
- Psicomotricidade fina
- Estimulación sensorial
- Traballamos a atención e a concentración
- Autonomía persoal
Para poder realizala tarefa non precisamos grandes cousas:
MATERIAL:
- Recipientes/utensilios de diferentes tipos (cucharas, pinzas embudos...)formas, tamaños...
- Elementos de trasvase: auga, garvanzos, arroz...calqueira elemento ou obxecto que se vos ocurra. (Na clase utilizamos tamén cascabeis, pompones, pezas...canto máis ruido fai no trasvase, máis lles gusta e motiva)
PASOS A SEGUIR:
IMPORTANTE: traballamos sempre de ESQUERDA a DEREITA, posto que este orde o utilizaremos posteriormente na lectura, escritura...
- Debemos mostrarlle sempre o neno cómo facelo, e posteriormente invitarlle a que o realice por IMITACIÓN.
- Nos casos de máis dificultade utilizaremos a técnica de MODELAMENTO tantas veces como faga falta. En ocasións, é necesario sempre modelar a actividade por iso precisaremos da vosa axuda PAIS E NAIS...
- MODELAMENTO: recoméndovos poñervos por detrás do nen@ e modelar as mans dende esa perspectiva.
- Segundo vaian avanzando debemos propoñerlles novos retos e ir complicando a actividade.
- Non vos preocupedes se nalgúns casos a actividade é curta, moitos nen@s precisan descansar, moverse, levantarse...na clase tamén nos pasa!
En canto vemos que xa está relaxad@ voltamos a modelar e continuamos coa actividade as veces necesarias, respetando sempre o seu espacio e ritmo de traballo.
NON VOS ESQUEZADES DE DISFRUTAR COA ACTIVIDADE!!! :))
MANIPULAR, SENTIR, TOCAR, PROBAR E SOBRE TODO DIVERTIROS EN FAMILIA!!!
Espero que vos guste a actividade!!
Adxunto exemplos de trasvase para facilitarvos a explicación!!
Video: https://www.youtube.com/watch?v=fs73-UYyB00
Apertas :)
Ali
No hay comentarios:
Publicar un comentario