Bo día a todas e a todos!! Que vos parece se hoxe comenzamos o día coa representación dun conto que vos encanta?. Ben, verdade?. Pois alá imos. Este conto é...
Este vídeo tamén o podedes atopar en RECURSOS DIDÁTICOS e poderedes escoitar a súa canción se picades na pestana correspondente a CANCIÓNS
Despois de ver este conto que tanto os gusta, propoñémosvos traballar os conceptos ENRIBA/DEBAIXO. Podedes realizar un xogo usando diferentes obxectos que teñades por casa e os vaiades poñendo enriba e debaixo de cadeiras ou mesas, sempre dicindo se esta enriba ou debaixo.
Por último,deixámosvos esta ficha de locomotoras para dicir cantas hai enriba e cantas debaixo, e incluso corealo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario