BOS DÍAS!!
Que tal vos foi onte cos TRASVASES? Espero que disfrutarades moito coa actividade, e se non vos deu tempo a facela non vos preocupedes, calquer momento é bo para poñerse mans á obra 🙂
Como cada día traballaremos a nosa rutina de calendario, falade do día que fai hoxe, de que tempo fai, de como se sinten...
E NON VOS ESQUEZADES DE POÑERLLES AS CANCIÓNS 🎵🎵
ENCÁNTANOS CANTALAS XUNT@S!!!
😄😆
Para hoxe teño pensada unha actividade de CONTACONTOS 🕮, un dos libros que nos gusta moito contar na clase é "LA PEQUEÑA ORUGA GLOTONA", non temos aquí o noso libro orixinal ☹️con desplegables para manipular que tanto nos gusta, pero podemos disfrutar igual con este contacontos que vos propoño a continuación. 😋
Na clase despois de ler o conto, traballamos a motricidade fina e a imaxinación utilizando PLASTILINA ou PASTA DE MODELAR e facemos boliñas para facer a oruguiña, traballamos os números facendo churriños de plasti, representamos as froitas... non fai falla dicir que todas estas actividades pódense facer utilizando a técnica de IMITACIÓN ou/e MODELAMENTO, nos casos de que os nosos peques non sexan capaces de facelo por eles mesmos.
DISFRUTADE DO CONTO 👌
DE SEGURO QUE O PASAREDES EN GRANDE!!
Bicos e apertas! 😙
Ali
No hay comentarios:
Publicar un comentario