miércoles, 18 de marzo de 2020

TAREFAS 4º DE INFANTIL

Ola a tod@s un día máis, espero que esta longa estancia nos fogares esteades a levala o mellor posible, sobre todo disfrutando do tempo en familia, que ven moi ben.
Seguro que algúns de vós xa comezades a botar de menos o cole, tod@s esperamos voltar axiña.

Hoxe comezamos cunha actividade para traballar os números e a escritura do nome.
 (No apartado cantas letras ten o teu nome, colorea tantos cadros como letras ten o nome, e botarlle unha man para escribir os anos de papá e mamá)



Continuamos repasando a letra A e escoitamos a canción



Para rematar propoño unha actividade para toda a familia. Trátase do Bingo,un xogo tradicional co que se reforzan os números.
 Aquí adxunto algunhas tarxetas que podedes descargar, lembrade que teñen que ser números que el@s coñezan, por exemplo da familia do 0, (do 0 ao 10).





Saúdos e unha aperta



No hay comentarios:

Publicar un comentario