Comezamos unha semana máis, qué día é hoxe? riscade os días que pasaron e rodeade o día de hoxe, cal é o primeiro día da semana? Lembrade o mes e a estación na que nos atopamos.
Hoxe imos comezar escoitando o conto-canción de Cocorico.
Aquí deixo algunhas propostas para elaborar aos personaxes e xogar na casa coa familia a facer de Cocorico (picotí,picotá,...) e Gato Pelado (marramiau,marramiau,..)
Agora a cociñar!! podederíades elaborar un biscoito tan rico coma o que fixo a mamá de Cocorico.
Déixovos unha receita de biscoito de yogur cos ingredientes e a elaboración 😉
😋😋
Disfrutade moito!!
Xa sabedes que podedes seguir enviándome as vosas creacións e elaboracións ao meu correo electrónico.
Moitos bicos, ata mañá
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario