lunes, 11 de mayo de 2020

TAREFAS 5º INFANTIL

Bos días familias!! Que tal o fin de semana? Esperamos que moi ben e forades a dar un paseíño aproveitando o solciño que fixo.

Hoxe, despois de realizar a asamblea, imos facer unhas tarefas moi divertidas. Primeiro, tedes que contar cantas flores hai en cada tarro e escribilo debaixo, podedes escribilo con números ou letras, é decir, poñer 1 ou un.


Despois, nesta actividade debedes de corear soamente a flor do recadro e contar cantas hai.

Agora debedes de elixir entre estes dous debuxos, aínda que quen queira pode facer os dous, tedes que intentar facer a parte do debuxo que falta, lembrade que ten que ser o máis parecido posible. 

 

Por último, vos deixamos o vídeo do conto da Cebra Camila. Despois de ver o conto podedes realizar un debuxo da parte que máis vos gustou do conto. Moito ánimo!! Estamos desexando ver as vosas obras de arte como os saen.


No hay comentarios:

Publicar un comentario