Bo día a tod@s!!
Ao longo destes días estades disfrutando moito das saídas, do sol e o bo tempo.
Xogando moito, correndo, andando en bici, en patín,...pero xa sabedes, os días son moi longos e podemos adicarlle un anaco tamén as tarefas do cole.
Hoxe comezamos coa letra U.
Se estivesemos no cole veríamos qué nen@s teñen a letra U no seu nome, podedes facelo con papá e mamá, así lembrades aos compañeir@s.
Logo buscade pola casa algún obxecto que conteña o U no seu nome, e,... ocórresevos algunha palabra que comece por U?
Imos velo no seguinte vídeo:
Finalizamos cun xogo onde teredes que recoñecer vogais explotando as burbullas.
Seredes capaces de recoñecelas todas? picade no seguinte enlace e xa me contaredes 😉
Moitos bicos ata mañá
😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario