Antes de empezar coa tarefa de hoxe, queríamos aclarar que as actividades que propoñemos son iso, propostas. As veces son máis doadas e outras veces máis complicadas, uns días máis traballo e outros un pouco menos, pero non tendes a obligación de facelo todo. Cada un que o adapte as súas necesidades porque, como xa sabemos, cada familia vive distintas circunstancias e a atención que se pode adicar aos fillos e fillas varía moitísimo dunhas a outras.
Cando vedexades que as tarefas son moi complicadas para vosa filla ou fillo, tratade de simplificala e si non se pode, deixádela e repasades outras anteriores que lle costaron un pouco menos.
Cando vos pareza excesivo o traballo, priorizade o máis importante e deixade o resto sen facer ou para outro día. Tedes que ir facendo da forma máis conveniente para vos e para vosas fillas ou fillos porque, dende o blogue, por desgracia , as titoras non podemos satisfacer as necesidades individuais de cada un.
Hoxe seguimos coas descomposicións, e sabemos que os números que tocan van ser difíciles para algúns. Pero non pasa nada, os que non sexan capaces, que repasen o de onte e, pouco a pouco, ide tentando un pouquiño máis.
Xa sabedes que antes de facer as descomposicións na ficha ( que non é indispensable), debedes practicar con obxectos. Lembrade que non tedes porque facelas todas nun día senón que é mello que as fagades pouco a pouco.
MÚSICA CLÁSICA PARA NENAS E NENOS
Despois deste arduo traballo matemático gustaríame que escoitarades unha divertida e relaxante obra de Rossini titulada Dueto dos gatos, interpretada por dous nenos e duas nenas pertencentes ao coro Les Chanteurs du Lycée. Non é a mellor interpretación que hay desta obra pero si a mais adecuada para a vosa idade.
Desexo que vos guste e que sexades capaces de relaxarvos un pouquiño mentres o escoitades.
BIQUIÑOS E ATA MAÑÁ
👋👋👋👋
No hay comentarios:
Publicar un comentario