martes, 24 de marzo de 2020

EDUCACIÓN ESPECIAL - NORMAS

OLA!!

Coma sempre, para non perder a nosa RUTINA, aquí vos poño o CALENDARIO actualizado:


Non esquezades a RUTINA de CANCIÓNS coa nova CANCIÓN DE PRIMAVERA 😊

Hoxe imos traballar AS NORMAS E PAUTAS CONDUTUAIS, isto, traballámolo diariamente na nosa aula, transversalmente en todos os momentos do día, polo que é moi importante que continuedes traballando a CONDUTA SOCIAL no ámbito familiar para que sexa efectiva.

A continuación fixen unha reproducción dos paneis que usamos na clase para traballar estas NORMAS.





Estes paneis, están presentes na nosa AULA E.E, e tamén na AULA ORDINARIA que compartimos cos nosos compañeiros.

Cada vez, que queremos traballar unha conduta, complementamos a palabra usando o pictograma correspondente (na nosas clases están pegados con velcro e podemos manipulalos).

CONDUTAS POSTIVAS:

Se a conduta que queremos realizar é das que están BEN, reforzamos SEMPRE POSITIVAMENTE (soemos utilizar as palmas acompañádoas con "ben" ou "moi ben")

Moitas veces asignamos unha CONSIGNA apoiando a PALABRA e o PICTOGRAMA, por exemplo, cando nos toca recoller CANTAMOS🎵:




"A RECOGER
A ORDENAR
TODAS LAS COSITAS
EN SU LUGAR"




Se por exemplo tiran algo o chan, e polas características do noso nen@, non vai a recoller por iniciativa propia, facemos por recoller aínda que sexan 1 ou 2 cousas que tirou o chan, modelando a actividade, para que empecen a establecer conexións entre a ACCIÓN NEGATIVA que acaban de facer e as consecuencias que ten FACELA.


SEMPRE valorando POSITIVAMENTE estas condutas, por pouco que sexa é un comezo!


Isto é un traballo de fondo, non se conseguen resultados dun día para outro, pero a vase de perseverar e traballar, imos conseguindo avances 👌


CONDUTAS NEGATIVAS:

Cando traballamos as cousas que ESTÁN MAL ou non se deben facer, sempre non apoiamos nos dous paneis no POSITIVO e no NEGATIVO.

1º Identificamos que conduta estamos facendo MAL e vamos o panel no que se encontra.
2ª Collemos o picto e dándolle TRES palmadiñas sobre el dicimos: "NO, NO,NO.
3º Imos o panel VERDE e buscamos a conduta adecuada e a realizamos.

Despois de haber reconducido a conduta sempre facemos un REFORZO POSITIVO!

DIFERENTES MANEIRAS DE TRABALLAR AS NORMAS:
  • Recortar os pictogramas e distribuilos por paneis á vez que falamos do que está BEN e MAL.
  • Utilizar diferetes PANEIS para as diferentes estancias da casa, o que SE PODE e o que NON SE PODE facer na cociña, baños, xardín…
  • Seleccionar os PICTOS que queremos para poñer as normas nunha determinada tarefa (por exemplo: poñelos enriba da mesa de traballo para recordar o que temos que facer mentres desenrolamos a tarefa e o que non debemos facer)
Todas estas posibilidades de traballar as NORMAS con pictos, SEMPRE van acompañadas da PALABRA (diálogo, explicación...), son un complemento que nos axuda a entender a información da maneira máis clara.

En resumo, traballar a CONDUTA dos nosos nen@s  é MOI IMPORTANTE, espero que este POST vos axude a que sexan máis levadeiros estes días de locura na casa.


🠞Se alguén necesita que lle facilite os pictogramas en PDF para imprimilos e traballar con eles mandádeme un email: aliciablancoo88@gmail.com, estarei encantada de facelo!

Apertas 😍

Ali



1 comentario:

  1. Ola! Animo a todas as familias a ter en conta os post da profe Ali, xa que aínda que van dirixidos máis concretamente ó alumnado de educación especial, son recursos que serven para todos os nenos e nenas. Non olvidedes que a etapa de Educación Infantil é a base para futuros aprendizaxes :)

    "El niño/a tiene cien lenguajes, cien manos, cien pensamientos, cien formas de pensar, de jugar y de hablar. Cien, siempre cien formas de escuchar, de sorprender, de amar, cien alegrías para cantar y entender" Loris Malaguzzi.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar