viernes, 17 de abril de 2020

CAMISETA

Bos días!😉

Hoxe deixámosvos unha manualidade relacionada co Proxecto Urxencias 112 para realizar en conxunto.
Trátase de debuxar unha rúa (cun hospital, unha estación de bombeiros e unha comisaría da policía) nunha camiseta vella que teñades na casa pola parte traseira. Aconsellámosvos poñer un cartón ou algún papel dentro da camiseta para que non traspase. Cando seque, pona e deixa que @ vos@ fill@ xogue un intre sobre as túas costas, así poderás gozar dunha magnífica e relaxante masaxe.


 



Un saúdo.

1 comentario: