BOS DÍAS FAMILIAS!
Antes de comezar coas tarefas queremos darlle as felicidades a Alma Piñeiro que hoxe está de aniversario!! Moitas felicidades Alma, esperemos que pases un bo día e que poidas comer unha torta 💋.
Imos comezar o día xogando un pouquiño coas vogais e cos números. No xogo das vogais debedes de unir cada vogal maiúscula coa súa minúscula e no xogo dos números tedes que relacionar cada número coa cantidades correspondente, tede moito ollo e contade ben!!!
- XOGO DAS VOGAIS: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5450551-as_vogais.html
- XOGO DOS NÚMEROS: https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5450711-canto_contas.html
Ademais, vos deixamos unhas canción para recordar as vogais e os números:
Por último, imos a traballar coas figuras xeométricas. Antes de comezar podedes xogar na casa mostrándolles obxectos que teñan as formas dun triangula, cadrado, circulo e rectángulo, por exemplo, unha rebanada de pan de molde, un libro, unha caixa, un bote... calquera cousa que lles axude a asociar as figuras con obxectos do seu día a día.
Hola soy DIEGO, intente hacer el juego de las vocales y no va, no cargan las imagenes, lo mismo conlos numeros......
ResponderEliminarOla, moitas grazas de parte de Alma.
ResponderEliminarEstivemos ese día de celebración e non vimos a felicitación.
Alma preparou biscoito e tarta para soprar as veas.
E @s compañeir@s de clase déronlle unha sorpresa virtual.
Foi moi emotivo.
Moitas grazas!!!