martes, 21 de abril de 2020

TAREFAS 6º INFANTIL

Bos días familias! Que tal o estades levando?

Como todos os días hoxe comezaremos cunha pequena asamblea (ver entrada do martes 14).

Seguiremos repasando as figuras xeométricas xogando nos seguintes enlaces e  realizando algunhas tarefas:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/juego-dibujos-figuras-geometricas?rnd=0.6493048371245642
( cando aparece o barco coas pezas verdes hai un erro, pon que hai que marcar os triángulos e non é así, son os cadrados).

https://es.ixl.com/math/infantil/identificar-figuras-de-dos-dimensiones
(si se confunden non pasa nada, pero é importante lerlles a corrección).


Na seguinte tarefa teredes que recortar os triángulos e formar dous cadrados. A continuación, cos ditos cadrados formaredes un rectángulo dentro do marco dos grilos.






Para finalizar, como os días anteriores seguiremos coa creación do dicionario. As palabras entre as que elixir hoxe son: 
-Hexágono.
-Triángulo.
-Rectángulo.

Un saúdo.😉

1 comentario:

  1. Hola buenos días, nosotros bien, ya queda menos para que los más peques puedan empezar a salir un poquito, un saludo.

    ResponderEliminar