miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS 6º INFANTIL

Bos días familias!

Comezaremos pintando na nosa man dereita un círculo vermello, para poder iniciar as tarefas de hoxe.

Para continuar teremos que debuxar dúas estrelas no lado esquerdo e catro flores no lado dereito do rapaz. Pero antes preguntarémoslle: en que posición está o neno: de costas ou de frente? Terán que identificar o lado dereito e esquerdo do neno.


Logo faremos un xogo con eles no que seremos os instructores, terán que facer o que vós lles digades acatando as vosas ordes (exemplos):
-Sube a man dereita.
-Toca a perna esquerda de mamá.
-Colle unha cor coa man dereita.
-Rasca a cabeza coa man esquerda.
-Toca co pé esquerdo a orella dereita.
-etc.
Podedes cambiar os rois para que sexa máis divertido.


Para seguir bailaremos xuntos a seguinte canción que seguro coñecedes.




Agora, teremos que axudar o temido Pirata Roberto a chegar o seu cofre do tesouro, para iso teremos que seguir coas cores correspondentes polas líneas as seguintes instruccións: 
- 4 cadrados a dereita  →
- 3 cadrados hacia arriba  ↑
- 2 cadrados a esquerda  ←
- 1 cadrado hacia abaixo  ↓
- 1 cadrado hacia a esquerda  ←
- 4 cadrados hacia arriba  ↑
- 6 cadrados hacia a dereita  →
- 3 cadrados hacia abaixo  ↓
- 1 cadrado hacia a dereita  →

Xa chegaches ó cofre de Roberto? Agora píntao o teu gusto.


Para finalizar, traballaremos on-line dende o ordenador. Aconsellaría facer as palabras do dicionario antes de xogar.



AH! Non nos esquezamos do noso dicionario. Estas son as palabras entre as que escoller hoxe:
- Superior
- Inferior
Poden debuxarse cos amigos ou  compañeiros.


Un saúdo.😉

2 comentarios:

  1. A Marta le gustan mucho todas las fichas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nos alegra saber que le gustan, siempre es motivador hacer algo cuando te atrae.
      Gracias.

      Eliminar